CREATIVIDADE E INNOVACIÓN EN DESEÑO E MODA
O Deseño converteuse nun sector estratéxico para o crecemento e desenvolvemento de empresas e institucións. Nun mundo tecnolóxico e creativo máis exixente e complexo, máis versátil en áreas económicas, inclusivas, ecolóxicas e sociais, o Deseño non é só unha engrenaxe máis do proceso produtivo, senón que achega valor engadido e facilita procesos de innovación, transformación, dixitalización e sustentabilidade. A mesa “Creatividade e innovación en Deseño e Moda” exponse como un espazo destinado ao intercambio de experiencias entre profesionais, académicos, investigadores e estudantes relacionados co Deseño e a Moda. Abordarase nela a importancia da identidade de marca, a cor e a tipografía como elementos chave da comunicación visual, así como a influencia do storytelling e os requisitos de novas canles dixitais na creación de identidades. Analizarase como a produción creativa pode ser optimizada mediante tecnoloxías avanzadas, incluíndo a intelixencia artificial, e como estas ferramentas poden convivir ou transformar procesos tradicionais. Examinarase como a sustentabilidade e o compromiso social converteuse nunha prioridade no deseño e a moda, promovendo prácticas responsables sen comprometer a innovación.
Os seguintes títulos servirán para desenvolver mesas de discusión e conferencias baseadas en investigacións e proxectos de carácter máis teórico, experimental ou aplicado:
1. Creatividade no deseño de marca, a identidade visual e o produto:
• Identidade visual, dirección creativa e storytelling.
• Tipografía, cor e iconografía na identidade visual.
• Deseño gráfico e produción gráfica: procesos, técnicas e acabados.
• Deseño de publicacións e novas editoriais.
• Deseño de packaging.
• Deseño gráfico e mercadotecnia.
• O Deseño Gráfico na Moda.
• Impresión gráfica e téxtil. Estampados, patróns, técnicas.
• Creatividade, innovación e experimentación e deseño de Moda: a silueta, o volume, os materiais.
2. Dixitalización e desafíos da virtualidade e a IA no Deseño e a Moda:
• Impacto do avance da dixitalización nos procesos creativos e de produción. Impresión 3D, realidade aumentada, intelixencia artificial. Casos de estudo.
• Deseño de UX, deseño de interfaces e experiencias dixitais.
• Moda “phygital”. Desafíos do mundo virtual e o deseño e comunicación de Moda.
3. Confluencias entre Moda, Deseño e Artesanía:
• Integración de técnicas artesanais no deseño contemporáneo e os seus beneficios. Integración do deseño na artesanía, transformación da produción e promoción do valor engadido.
4. Sustentabilidade, innovación e compromiso social:
• Desenvolvemento de marcas a partir de valores de sustentabilidade, compromiso social, economía circular e ecodeseño.
• Deseño en relación ao desenvolvemento social e as súas aplicacións transformadoras.
• Materiais innovadores e novos tecidos no deseño de Moda.
5. Historia da Moda e do Deseño:
• Influencias históricas e tendencias actuais.
6. Didáctica e Pedagoxía do Deseño:
• Estudos sobre o impacto do deseño na sociedade e a súa importancia na educación. Transmisión e comunicación do Deseño e Moda á sociedade.
7. Miscelánea:
Premio á mellor comunicación presentada
O Comité Científico do Congreso outorgará un premio á mellor comunicación presentada á mesa temática de Creatividade e Deseño.