> Envío de abstracts > Ata o 8 de xullo.
> Comunicación con autores para aceptación de abstracts >  8 de xullo
> Data límite para inscribirse no congreso > 10 de xullo
> Envío de traballos completos > 31 de xullo
> Revisión previa á publicación > 21 de setembro
> Aprobación final dos orixinais > 19 de outubro

ABSTRACTS

Para presentar abstracts ao III Congreso Internacional de Creatividade será preciso empregar este modelo.

Extensión máxima dunha páxina e 400 palabras.

Debe conter encadramento teórico, obxectivos, metodoloxía, resultados e conclusións.

Débense indicar cinco palabras chave.

Linguas aceptadas: castelán, portugués e inglés.

INDICACIÓNS PARA O ENVÍO DE ABSTRACTS

Aquelas persoas que desexen participar no congreso cunha contribución académica, deben seguir as seguintes indicacións:

1. Enviar un correo electrónico a congresocrea@uvigo.gal indicando o seu nome, apelidos, institución de procedencia e a mesa temática na que lles gustaría participar (arte, deseño, educación, comunicación).

 2. Achegar o resumo do traballo, de acordo con este modelo

PÓSTERES

Para os pósteres, pola súa banda, aplicaranse os mesmos prazos temporais que para as comunicacións e seguiranse as seguintes normas de redacción e presentación.

Linguas aceptadas: castelán, portugués e inglés.

Os pósteres non serán obxecto de publicación e o seu envío realizarase a través do mesmo formulario.

TEXTOS FINAIS PARA PUBLICACIÓN

Para axilizar o proceso de publicación e aforrarlles tempo aos autores, os textos finais presentados ao Congreso deben estar xa adaptados ao formato e ás normas esixidas pola editorial (e accesibles no modelo).

Os textos finais deben enviarse á dirección de correo electrónico congresocrea@uvigo.gal

PUBLICACIÓN DOS TRABALLOS E RESULTADOS ACADÉMICOS

Todas as comunicacións (excluíndo os pósteres) que sexan aceptadas polo Comité Científico do Congreso e defendidas nel poderán ser publicadas, se superan un novo proceso de revisión cega por pares, en diferentes revistas nacionais (Revista de Innovación Educativa de la Universidad de Santiago de Compostela, Dedica, Revista de Investigación de la Universidad de Vigo) e nunha monografía nunha editorial de recoñecido prestixio.

Máis información no correo do congreso: congresocrea@uvigo.gal