CREATIVIDADE E ARTE
Esta mesa quere promover unha reflexión ao redor dos procesos que conducen á configuración da obra de arte.
Se toda creación parte, como afirma Tolkien, dun humus determinado, pretendemos indagar en que tipo de terra crece agora a obra de arte, como se rega, en que condicións ambientais se desenvolve. A cultura como campo mutante e multiforme, a interacción e o intercambio, o cuestionamento da identidade, o contexto social, a incorporación do azar, o ensaio e o erro, o corporal e o virtual… serán algúns dos condicionamentos creativos que poden ser estudados nas diferentes achegas.
Entre as principais liñas de traballo, propóñense:
2. Xogo, norma e restricións como métodos creativos.
3. Pensando co corpo: corporeidade e ideación no proceso creativo.
4. Fracasar mellor. Sistemas creativos de ensaio e erro.
5. A arte do encontro. O azar como disparador da creatividade.
6. Creatividade artística colectiva: conversación, intercambio e cambio social.
7. O eu reinventado. Expresión e construción da identidade no proceso creativo.
8. Paraugas e máquinas de coser. A metáfora surrealista como paradigma da creatividade contemporánea.
Premio á mellor comunicación presentada
O Comité Científico do Congreso outorgará un premio á mellor comunicación presentada á mesa temática de Creatividade e Arte.