Javier Jaén
Deseñador e ilustrador
Javier Jaén estudou Deseño Gráfico e Belas Artes en Barcelona, Nova York e Budapest. A súa actividade profesional centrouse en ilustración editorial, portadas de libros, proxectos audiovisuais, publicidade, comunicación cultural e creación de obra propia. Traduce historias e conceptos en imaxes mediante unha linguaxe simbólica e lúdica.

Traballou para The New York Times, New Yorker, Time, Washington Post, Harvard University, National Geographic, Greenpeace, Penguin Random House, Vueling, UNESCO, Camper, Banco Sabadell, Louis Vuitton, Netflix, Warner, Centro Botín, Centro Dramático Nacional, Zara, Microsoft, ou El Deseo, entre outros.

O seu traballo foi recoñecido entre outros pola Society of Illustrators (Illustrators 55, 56, 60), American Illustration (AI33, AI34, AI38, AI39), Print Magazine (New Visual Artist 2013), Premio Junceda (2013), Premio Gráffica (2010), Laus (Grand Laus 2016, Ouro 2017, Prata 2018), o D&AD Pencil (2017), The Society of Publication Designers (Ouro 2018), Premios Feroz (2022) e Society for News Design (2022). Participou en exposicións en Nova York, Londres, México, O Salvador, Tallin, Seúl, Rotterdam, París ou Roma. Desde 2015 é membro de AGI (Alliance Graphique Internationale). En 2020 foi considerado por Forbes como un dos 100 españois máis creativos.

Foi profesor no Istituto Europeo dei Design, Elisava, BAU, IDEP, e a miúdo imparte obradoiros e conferencias en diversas escolas internacionais de arte e deseño.

Aínda non escribiu un neno, non plantou un libro nin deu a luz a unha árbore.

Mónica Moro y Raquel Martínez
Co Founders e DC This is Libre
Mónica e Raquel son ese estraño caso de dupla desde que eran compañeiras da facultade.
Xuntas entraron en McCann como trainees e chegaron a dirixir o departamento creativo da axencia máis grande do país nun momento onde as mulleres brillaban pola súa ausencia, chegando a ser Axencia do Ano en varias ocasións. Hai dous anos decidiron deixar a multinacional para montar o seu propio proxecto, This is Libre, no que as ideas están por riba das estruturas. Acumulan máis de mil premios nos festivais publicitarios máis importantes do mundo, como Cannes, Eurobest, NY festivals, El Sol, El ojo de Iberoamérica, e son as creativas máis premiadas da historia do club de creativos (c de c).
Coas súas campañas tratan de crear conversas únicas entre as persoas e os temas relevantes que achegan ás marcas á sociedade, conseguindo sorprendentes resultados tanto en opinión como en vendas.

Entre os seus recoñecementos destacan ser parte da lista Forbes Most Creative in Business, presidenta e xunta do c de c, membro do Board de The One Club de NY, etc.

As dúas son nais e as súas respectivas fillas son fontes de gran inspiración.

Javier Corbalán
Universidad de Murcia

Profesor de Psicología de las Diferencias Individuales na Universidad de Murcia e Especialista en Psicoloxía Clínica. Foi Director do departamento de Personalidad, Evaluación y Tratamiento Psicológicos e da Escuela de Práctica Psicológica.

A súa carreira docente pasou pola UNED en Elxe e Cartaxena, e a Universidad de Málaga. Dispón de 4 sexenios de investigación e transferencia. Gañou o VII Premio Internacional de I+D TEA Ediciones, polo Test CREA, Inteligencia Creativa e compartiu o Premio Nacional de Investigación “Diego Manzano”.

É I.P. do Grupo de Investigación “Psicodiversidad y Salud” e director do Centro de Estudios de Terapias Creativas de la UM. Foi IP do proxecto sobre “Factores de Creatividad e Innovación” para a Axencia Española de Cooperación Internacional, do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación.

Foi nomeado colaborador da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Murcia. Foi presidente de AIIDI, Asociación Iberoamericana para la Investigación de las Diferencias Individuales, entre 2016 e 2021.

Ademais do test CREA e do libro “Creatividad, desafiando la incertidumbre”, publicou numerosos artigos en revistas científicas, vinculados preferentemente ao ámbito da creatividade, a súa avaliación e a súa relevancia nos contextos educativos.

Ricardo Marín Viadel
Universidade de Granada

Profesor de Educación Artística na facultade de Bellas Artes e na facultade de Ciencias de la Educación da Universidad de Granada (España). 

Temas de interese: Investigación educativa baseada nas artes visuais [Visual Arts-based Educational Research], A/r/tografía e A/r/tografía visual [A/r/tography & Visual A/r/tography], e debuxo contemporáneo sobre o patrimonio material arqueolóxico. 

 Entre os seus últimos libros e catálogos de exposicións podemos atopar Inteligencia Artificial en Educación y Creación Artística (2024), Arte para aprender. catálogo razonado 2013 -2022 (2023), Pares fotográficos: imágenes, arte e investigación (2022), Pinturas murales de las habitaciones del emperador Carlos V en la Alhambra: una hipótesis visual (2021), Aprendiendo a enseñar artes visuales: un enfoque a/r/tográfico (2020), Ideas visuales. Investigación basada en artes e investigación artística (2017), Vindicación de cinco obras de arte etruscas en el museo arqueológico de Granada  (2017), Arqueología y dibujo contemporáneo en el museo de Cádiz (2016) ou Las Incantadas. Una instalación de dibujos contemporáneos monumentales a partir del patrimonio cultura de Macedonia, norte de Gracia (2013).

Iria Otero Fernández
Fundadora e directora creativa das Peaky Branders, cofundadora da escola Oh! Sister, socia e integrante da xunta directiva de Más Mujeres Creativas
Á hora de elixir que estudar estaba entre unha tripla P (periodismo – psicoloxía – publicidade). Deixei que o azar tomase a decisión e acabei facendo a carreira de Publicidade. Así, un pouco de casualidade.

Desde entón, traballei para distintas marcas de ámbito rexional e nacional (Estrella Galicia, Vivesoy, Café Mocay, Leche Pascual, Larsa, Bodegas Paco&lola, GADISA, R telefonía…) para organismos e institucións (campañas de promoción turística de Galicia ou campañas de sensibilización contra as Violencia Machistas, entre outras) e mesmo tiven o pracer de acompañar ao grupo Tanxugueiras no proceso creativo do seu último disco.

Ata aquí a parte bonita.

Pero o que non se conta tanto nas bios é que nos meus 15 anos de experiencia como creativa publicitaria perdín a conta das veces que pensei en mudar de profesión. A precariedade salarial, a falta de tempos nos procesos creativos, a invisibilización das mulleres creativas e a falta de valores… fixéronme considerar en máis dunha ocasión deixalo todo e preparar unha oposición.

Un día fixen clic (ou catacrac!) e empecei a rodearme doutras mulleres creativas, compartir os mesmos problemas, a mesma desafección co tipo de publicidade que facíamos… e decateime do precisas que son as nosas narrativas, perspectivas e aptitudes para transformar a industria publicitaria por dentro e por fóra.

Este propósito devolveume o brillo nos ollos e foi o impulso que precisaba para emprender e fundar “As Peaky Branders”, unha aposta por facer creatividade transformadora, con calidade de vida, desde o rural e tecendo redes de colaboración con mulleres creativas.

Hai un ano fundei xunto cunha vasca, Cristina Guezuraga, a primeira escola de creativas para creativas, Oh! Sister, que xa vai pola terceira promoción. E veño de sumarme á xunta directiva de Más Mujeres Creativas para promover un cambio no sector.

Creo que outra forma de facer publicidade é posible.

Adán Argibay
Fotografía artística, Deseño e Artes Gráficas

Adán Argibay é un artista multimedia cuxa obra explora os comportamentos humanos na sociedade contemporánea. Formado en Fotografía Artística, Deseño e Artes Gráficas, tamén posúe un grao en Belas Artes pola Universidade de Vigo, ademais dun Máster en Dirección de Arte. Estudou Artes Visuais na UDESC de Brasil, onde participou en exposicións e enriqueceu a súa perspectiva percorrendo varios países de América Latina. 

Presentou o seu traballo en espazos de renome como ARCOmadrid, a Bienal MADATAC, a Bienal de Ucrania e a Bienal de Valencia, entre outros. A súa obra abrangue disciplinas como a fotografía, a instalación e o videoarte, e incorpora, en ocasións, tecnoloxías XR, como a realidade virtual, o videomapping, a holografía e experiencias 360º, explorando así novos medios narrativos. 

Ademais, dirixiu un documental experimental sobre a creatividade, que foi seleccionado no festival de cine MICMXIFF de Cidade de México. 

Nos últimos anos, traballou en axencias de publicidade, desempeñándose como director de arte e combinando o seu labor creativo nese ámbito coa realización de proxectos artísticos e culturais.

Andrea Gonçalves Lazo

Andrea ten unha mente creativa e lóxica.

Ademais, conta con máis de oito anos de experiencia no sector da comunicación e a creatividade, analizando marcas e desenvolvendo estratexias. 

Conta cunha experiencia global en mercados norteamericanos, latinoamericanos e europeos. 

Ten vontade de coñecer e crecer, e ganas de seguir atraendo talentos en todas as áreas do sector creativo. Tamén de compartir a súa traxectoria cos asistentes. 😉

Laura Pintos Pereira
Laura Pintos Pereira cursou Comunicación e Relacións Públicas da Universidade de Vigo (2009-2013) e completou a súa formación co Máster en Dirección de Arte Publicitaria (2013-2014) onde recibiu o Premio Egeria polo TFM «Échale Huevos». Con máis de 10 anos de experiencia en Inditex, é Communication, Social Media & Content Manager en Zara Home, liderando estratexias de comunicación global, relacións públicas, eventos e a xestión do contido da marca. Anteriormente, traballou en axencias de comunicación como Directora de Arte e Executiva de Contas.