
O II Congreso de Creatividade nace ao abeiro da especialización do campus CREA, que vincula as titulacións de Belas Artes, Deseño, Comunicación e Educación que a Universidade de Vigo imparte na cidade de Pontevedra.
Coa intención de promover a reflexión teórico-práctica sobre a creatividade nestes ámbitos, o II Congreso de Creatividade pretende atraer a profesionais, estudosos, investigadores e académicos do ámbito creativo. Durante o encontro impulsaranse accións que traballen a capacidade de visualizar ideas e novas perspectivas, promovendo a habilidade de crear novos produtos, procesos e solucións a través de producións novidosas e orixinais. Para iso, o Congreso terá unha estrutura de conferencias maxistrais, mesas temáticas con presentación de comunicacións e mesas redondas de discusión e reflexión ao redor da creatividade aplicada á arte, o deseño, a educación e a comunicación.
Acéptanse propostas de comunicación e póster para presentar nas seguintes mesas temáticas:
CREATIVIDADE
E ARTE
CREATIVIDADE
E DESEÑO
CREATIVIDADE
E EDUCACIÓN
CREATIVIDADE
E COMUNICACIÓN
Cada un destes bloques poderá abordarse desde diversas perspectivas: históricas, docentes, pedagoxía, casos de éxito, praxe profesional, comunicación estratéxica e instrumental, ética e deontoloxía, cultura organizativa; identidade; imaxe e reputación corporativas; publicidade, cultura audiovisual, industrias culturais etc.
As conclusións de cada área temática optarán a ser publicadas, superando un novo proceso de revisión cega, a cargo do comité científico das respectivas editoriais, como capítulo de libro nun monográfico da editorial Fragua.
INSCRÍBETE
ENVÍO DE ABSTRACTS
(Ampliado ata o 16 de xullo)